25 may 2011

Viaxe cultural a Bruselas II

O 15 todos fomos a Brugge (Bruxas) e estivemos andando por toda a cidade, tamén fomos en barco polos canais que ten, chamados, "A venecia do norte".

 Despois, visitamos a Praza Mayor onde despois sería o noso punto de encontro; logo, fomos a comer onde quixeramos, eso si, o con os de 4º ESO, con 1ºBACH ou con un grupo maior de tres persoas. Unha vez rematado de comer, quedamos todos para dar o paseo polos canais e ao rematar fomos ao concello no cada un puso un euro e entre todo o dinero que reunimos compramos una caixa de bombóns que nos entregaron a cada un no tren de volta.

Lectura: Vaiche Boa! (II)

Este libro, como ben vos contei no post anterior, non ten protagonistas, está feito por microrrelatos de risa. Falareivos agora dos que levo lidos.

O primeiro chámase Sen camisa! Esta historia narra unha semana da vida dun neno. Un día o seu can atopou unha falanxe e un zapato, poñía as iniciais do seu tataravó (B.B.), que morrera afogado. Brian, o protagonista desta historia, decide seguir a buscar todos os ósos do seu avó. Atopounos, e enterrou o seu avó.

O segundo chamase A caixa voadora de pulseira. Esta mini-historia conta así: Este señor chamado Giffen, está a vender unha cola que pega calquera cousa, pero ás catro horas despégase. Cambia de cidade antes de que a xente se abalance sobre él. Pero nunha vila un señor móstralle unha caixa voadora que tarda unhas catro horas e empezan a voar. O señor cóntalle que a súa caixa esta pegada con Cola Giffen, e Giffen cae ao baleiro.

O terceiro relato é a narración dun neno que lle morren os pais e que ten que ir vivir coa súa tía, á que lle roubaron un cadro. O causante do roubo foi un señor ao que a súa tía alquiloulle a casa durante un tempo. O señor apareceu morto no W.C. e o cadro desaparecera.
Había un problema, é que o baño está no bosque e dáballe medo acudir a el. Unha noite descobre que hai unha pantasma no baño e á noite seguinte decide falar con ela. A pantasma escapou polo teito e el descubriu onde se atopaba o cadro. A súa tía alegrouse moito polo seu sobriño.

Título: Corazón de Chocolate

  • Título: Corazón de Chocolate          
                                                                                                    

  • Editorial: Edicións Xerais de Galicia.

O autor Santiago Jaureguízar naceu en Bilbao en 1965.

Na contraportada pon que o protagonista Tintimán é un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e Mónica, unha amiga que asegura ser a súa moza, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.

Razóns da escolla: Porque me introgou moito e é o libro do Club de Lectura.

Aquí está a páxina onde se describe un pouco o libro.


Borja Gordido. 1º. B