Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Actividades do IES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades do IES. Mostrar todas las entradas

30 jun 2011

Santiago 2011

Os do Club de Lectura deste ano decidimos ir a unha excursión con respeto ao libro que lemos neste último trimestre, Corazón de chocolate. Vai dun neno que lle morreu o pai e el quere seguir a súa afección, as aventuras. Esta historia sucede en Santiago, de aí a razón de que foramos alá.

 Esta actividade empezou cunha viaxe dunha hora e dez. A continuación fomos pola catedral, nunha visita guiada que comezou no pazo de Xelmírez. Esta visita foi moi interesante, xa que a moza que nos informaba explicábao moi ben. O mellor foi ver Santiago desde as cubertas da catedral!

Logo comezou o xogo máis divertido, a xincana. Estaba composta por seis mini-probas. Estas mostrábanche unha foto, pero enriba aparecían textos relacionados co libro e co número de páxina onde aparecía a información precisa para resolver a proba. Logo dicíache as instrucións que tiñas que seguir.  O grupo gañador conseguiu unha tarxeta regalo do Fnac! 

 Despois disto deixáronnos unha media hora de liberdade e despois fomos a comer xuntos ao parque de Bonaval. Ás 14:50 subimos ao bus. Chegamos ao instituto ás 16 horas.
Esta excursión gustoume moito e ademais fun cos meus compañeiros. Aquí tendes un vídeo coas fotos dese día.

21 jun 2011

Viaxe a Portugal!!!


O venres 17, estivemos de viaxe os de 1º, 2º, 3º e 4º ESO no norte de Portugal. Estivemos alí dende as 8:30 ata as 21:30.

Como o tempo á maña non nos acompañou, en vez de ir á feria fomos ao único centro comercial que hai alí. Por certo, Andrea Ares (1ºB) e María Gabriela (1ºA) estaban tan concentradas coas "compras" que case quedan atrás!

Logo, tivemos que facer unha actividade de buscar información que ninguén gañou, porque o garda de seguridade díxonos que non estaba permitido. Ás seis, pasamos por diante da feria, fomos ao autobús e viñemos outra vez a Galiza.

Aquí deixámosvos unha foto da miña compañeira María, ao mando do temón do barco antigo. Esperamos que o pasarades ben alí todos os que fostes!


19 jun 2011

O Regreso De Sherlock Holmes (III)

Xa acabei este libro e a min este libro gustoume moito porque os misterios as intrigas de Holmes daballe mais encanto ao libro.

O que menos me gustou do libro foi a morte de Moriarty porque sen o maior enemigo de Holmes o libro perdía interés.

A min este libro me intrigou moito e esa é unha das causas de que o libro me enganchanse tan rápido.

Este libro se o recomendaría a xente que lle guste moito o misterio e a intriga e os libros un pouco longuiño.

Vou a daros exemplos de mais libros de Arthur Conan Doyle sobre Sherlock Holmes:
· Estudio en escarlata
· El signo de los cuatro
· Las aventuras de Sherlock Holmes
· Las Memorias de Sherlock Holmes

26 may 2011

Viaxe cultural a Bruselas III

O 16 fomos ó Parlamento europeo e estivemos nas tribunas do Parlamento. O noso guía era español e tiña unha compañeira que era galega chamada Ana.



Despois fomos a comer pola nosa conta e a comprar os regalos para os nosos país ou para nos mesmos.

A continuación demos un paseo polo centro de Bruselas e vimos o Manenken pis.E pola noite fomos á Grand-Place a cear.

Ao dia seguinte volvemos a montar en avión para O Porto e alí fomos a un centro comercial a comer algúns no Burger-King e outros no Mcdonald. -si, todo moi europeo!-. Ao final tivemos unha marcha en bus de 5 horas ata A Coruña.

25 may 2011

Viaxe cultural a Bruselas II

O 15 todos fomos a Brugge (Bruxas) e estivemos andando por toda a cidade, tamén fomos en barco polos canais que ten, chamados, "A venecia do norte".

 Despois, visitamos a Praza Mayor onde despois sería o noso punto de encontro; logo, fomos a comer onde quixeramos, eso si, o con os de 4º ESO, con 1ºBACH ou con un grupo maior de tres persoas. Unha vez rematado de comer, quedamos todos para dar o paseo polos canais e ao rematar fomos ao concello no cada un puso un euro e entre todo o dinero que reunimos compramos una caixa de bombóns que nos entregaron a cada un no tren de volta.

21 may 2011

Viaxa cultural a Bruxelas I





Durante os días 13-17 os de 1º B do curso de plurilingüe, os de 4º ESO e 1º de Bacharelato das seccións bilingüe, estivemos de viaxe en Bruxelas, a capital de Europa.
Vouvos contar o que fixemos os dous primeiros días:
O primeiro día pasámolo de viaxe, no autobús de A Coruña - O Porto, durou aproximadamente unhas tres horas. A continuación estivemos no aeroporto de Porto, ata que saímos no avión a Bruxelas onde chegamos unhas duas horas e media máis tarde. Cando chegamos fomos directos ao Vicent Van Gogh. E logo de instalarnos, fomos a dar un paseo ata a Grand Place.


Ao día seguinte fomos ao Atonium, é enorme e podense ver todolas partes do átomo por dentro. Logo chegamos a Mini-Europe que son todolos monumentos de Europa en pequeniño; é fermosísimo.
Para rematar o día máis feliz aínda os profesores leváronnos a Bruparck é un parque acuático con moitos tobogáns interiores e exteriores.
Ao rematar fomos outra vez a dar un paseo e a durmir.
Pasámolo moi ben todos os días. Eu recomendo Bruxelas para ir de viaxe.

13 may 2011

Actividades cos de Coristanco

Cando viñeron, o primeiro que fixemos foi poñernos en grupos segundo as tarxetas con nomes de lugares que nos foron repartindo. A partir de iso, cada grupo cantou a canción galega que lle tocara e ao rematar os demaís grupos puntuaban con aplausos. Iso quere decir que o grupo que maior número de aplausos recibira gañaba unha camiseta.

A seguinte actividade foi cos mesmos grupos. Cada un tiña que facer como unha campaña publicitaria nunha cartulina, a partir dunha imaxe que cada grupo podía elexir, que eran de un pouco "peculiares". Cando todos os grupos acabaron, cada grupo expuxo a súa campaña e os tres primeiros grupos que máis puntos tiveron gañaron unha camiseta.

Iso foi todo o que fixemos pola mañá.

8 may 2011

Intercambio Coristanco: Decálogo do bo anfritrión

O luns 9 de maio, veñen os alumnos de Coristanco ao noso instituto e temos que recibilos como merecen.
Aquí vos deixo un pequeno Decálogo do bo anfitrión
  • Ser amables.
  • Comportarnos ben.
  • Ensinarlles o instituto.
  • Non mostrar vergoña, que máis terán eles!
  • No recreo, acompañalos para que non se perdan.
  • Aprender cousas sobre as súas vidas.
Así que, comportémonos todos como corresponde a un bo anfitrión, a unha boa anfitrioa.

    CONCURSO DE CANTE!

    O luns 9 de maio veñen os alumnos e alumnas do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco ao noso centro. É o día do Intercambio Sociolingüístico Coristanco-Oleiros.

    Logo dunha breve presentación xeral, explicarannos outra para facer grupos e seguir coñecéndonos. Nesa tarefa de crear grupos, para perder a vergonza, imos cantar algunhas cancións tradicionais -ou coñecidas- galegas, como A Rianxeira ou A Carolina. Haberá premio para o grupo que máis "festa" faga, así que aquí vos deixo vídeos coas cancións que nos poden tocar cantar, para que as vaiamos escoitando e nos soen ese día. Espero que vos gusten.

    Aquí vos queda a lista de reprodución coas cancións "escollidas". Unha delas toca cantala fixo, pero fóra vergoña, A DAR O CANTE!


    Intercambio Coristanco: obradoiro de publicidade

    Introdución explicativa para o obradoiro de publicidade a partir de imaxes moi suxestivas da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso. Empregarase durante o intertecambio sociolingüístico entre o alumndao do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco e o do IES Neira Vilas de Oleiros.

    7 may 2011

    Visita da Garda Civil

    Ola, compañeiros do Neira Vilas!

    Vou falar sobre a visita da Garda Civil, que non viña buscar a ninguén! Viñeron dous axentes, para falarnos sobre os riscos de Internet. Foi o luns 2 de maio, no salón de actos.

    Aquí déixovos as recomendacións máis importantes que nos destacaron os axentes da autoridade:

    - Non dar nunca os vosos datos persoais (nome, enderezo e teléfono).
    - Nas redes sociais, non darlle a ninguén o voso contrasinal.
    - Se non ides facer nada máis nunha entrada ou páxina que teña información, imaxes ou vídeos privados, borrádeos!!
    - E non agreguedes como amigo a alguén que non coñezades, porque na maioría das veces encontrarédesvos con alguén que non vos imaxinabades.

    5 may 2011

    Intercambio con Coristanco: paseo e zona de xantar


    Ola colegas de Coristanco e do Neira Vilas!
    Para que vos vaiades facendo unha idea de onde imos xantar, vouvos ensinar o camiño que imos facer ata a praia de Bastiagueiro.

    Alí preto, o Concello de Oleiros cédenos ese día unhas instalacións, que veñen ben, por se chove, que oxalá que non!

    Imos estar preto da praia, pero que ninguén pense en bañarse, por suposto. Dixeron Ana e Fátima que queda totalmente prohibido achegarse a 25 metros da beira do mar. E quen manda... manda!

    4 may 2011

    Fomos ao Correlingua

    O 4 de maio de 2011, todos os alumnos de 1ºESO do IES Xosé Neira Vilas e máis institutos da comarca da Coruña fomos ao Correlingua 2011.

    Empezamos preto do campo de fútbol de Riazor e rematamos xusto antes da Torre de Hércules, onde había un escenario montado para presentar os gañadores do manifesto e das pancartas.

    Vimos tamén una sesión de maxia de parte do presentador e un concerto dun grupo de música en galego creado moi recentemente chamado "Nugalla", que cantou ao redor de catro cancións.
    Aqui tedes unha ligazón a un apartado do xornal "La Opinión" onde, se rebuscades, atoparedes un conxunto de fotografías. Na foto nº 8 aparecen,  por casualidade, a cabeza de Fátima e Hugo e Luis.

    Mirade aquí abaixo un vídeo coas fotos nosas no Correlingua 2011.

    29 abr 2011

    Post coas etiquetas

    Esta entrada do blog só é para crear as etiquetas que podemos ou debemos utilizar para clasificar as entradas que vaian nacendo neste GalegoNeira.