Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura. Mostrar todas las entradas

30 jun 2011

Santiago 2011

Os do Club de Lectura deste ano decidimos ir a unha excursión con respeto ao libro que lemos neste último trimestre, Corazón de chocolate. Vai dun neno que lle morreu o pai e el quere seguir a súa afección, as aventuras. Esta historia sucede en Santiago, de aí a razón de que foramos alá.

 Esta actividade empezou cunha viaxe dunha hora e dez. A continuación fomos pola catedral, nunha visita guiada que comezou no pazo de Xelmírez. Esta visita foi moi interesante, xa que a moza que nos informaba explicábao moi ben. O mellor foi ver Santiago desde as cubertas da catedral!

Logo comezou o xogo máis divertido, a xincana. Estaba composta por seis mini-probas. Estas mostrábanche unha foto, pero enriba aparecían textos relacionados co libro e co número de páxina onde aparecía a información precisa para resolver a proba. Logo dicíache as instrucións que tiñas que seguir.  O grupo gañador conseguiu unha tarxeta regalo do Fnac! 

 Despois disto deixáronnos unha media hora de liberdade e despois fomos a comer xuntos ao parque de Bonaval. Ás 14:50 subimos ao bus. Chegamos ao instituto ás 16 horas.
Esta excursión gustoume moito e ademais fun cos meus compañeiros. Aquí tendes un vídeo coas fotos dese día.