Mostrando entradas con la etiqueta Cultura galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura galega. Mostrar todas las entradas

17 may 2011

Es dos meus!? Dos nosos!? Es de GalegoNeira!?

Feliz Día das Letras Galegas!
Cando me agarimas en galego, compartindo a luz, o son de seu, brétema e camelia que no inverno floreceu, daquela, brillo de estrela, ti es dos meus!

4 may 2011

Fomos ao Correlingua

O 4 de maio de 2011, todos os alumnos de 1ºESO do IES Xosé Neira Vilas e máis institutos da comarca da Coruña fomos ao Correlingua 2011.

Empezamos preto do campo de fútbol de Riazor e rematamos xusto antes da Torre de Hércules, onde había un escenario montado para presentar os gañadores do manifesto e das pancartas.

Vimos tamén una sesión de maxia de parte do presentador e un concerto dun grupo de música en galego creado moi recentemente chamado "Nugalla", que cantou ao redor de catro cancións.
Aqui tedes unha ligazón a un apartado do xornal "La Opinión" onde, se rebuscades, atoparedes un conxunto de fotografías. Na foto nº 8 aparecen,  por casualidade, a cabeza de Fátima e Hugo e Luis.

Mirade aquí abaixo un vídeo coas fotos nosas no Correlingua 2011.

29 abr 2011

Post coas etiquetas

Esta entrada do blog só é para crear as etiquetas que podemos ou debemos utilizar para clasificar as entradas que vaian nacendo neste GalegoNeira.