Mostrando entradas con la etiqueta 1ºESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1ºESO. Mostrar todas las entradas

20 jun 2011

Unha Alma Nobre III

Ao final este libro pareceume o mas,para min iste libro é unha forma de expresar como te sentiches cando eras xovene as súas dificultades
que non son moi normales ao largo da súa vida.
Unha cousa que foi un pouco lioso foi o principio que non entendes moi ben quen é Konradin e Hans.

Eun reconmendarialle este libro as persoas que lle parece interesante a historia moderna

Este autor Fred Uhlman ten máis libros como estes: deixovos un enlace donde podedes ver non só os seus libros se non máis inforción súa.

19 jun 2011

Unha Alma Nobre II

Agora,neste segund post voubos contar como son os personaxes e como me parece que
se comportan.

Personaxes principais:

Hans: es un xudeu que era moi intelixente que sempre sobresaía na clase,gústame moito este persoaxe porque é moi humilde´

Konradin: es un nazi que ao largo dos 15-17 anos foi coñecendose con Hans,pero os seus paisnon queren que sea amigo dun xudeu

Este libro trata sobre a historia de dous personaxes que se ven separados polas súas creenzas.
Neste libro Konradin escribe unha carta a Hans para perdirlle perdón pola marxinación que lle fai Konradin a Hans.Konradin volvese máis nazi que antes e comeza a tratar a Hans e a odiarlo,cando xa vano executar se arrepinte do que fixo e escribe a carta de perdón

8 jun 2011

O ABRENTE É UN DESATINO (3)

Xa rematei O Abrente é un Desatino, e gustoume moito pero o final me estrañou porque remata coa morte dos pais dun dos protagonistas, sen eu saber quen os matou, e eso e o que menos me gustou do libro.
O que máis me gustou deste libro foi cando os protagonistas empezaron a fuxir despois dunha liorta.

En este libro non me sentín indentificado cos personaxes en ningún momento.

Recomendaríallo as persoas que lles gustan os relatos curtos, con moita acción.

O autor e Xerardo Méndez, non e un escritor moi coñecido pero escribiu algunhas obras coma:

6 jun 2011

III post: Chatarra

O libro acaba un pouco en seco, é dicir, non explica moi ben o que pasou ao final.

Gústanme as partes que pasa con Franz, o seu amigo que vive no cemiterio de coches. Son as partes máis interesantes, porque o resto é cando está na escola ou no campamento de verán.
Trata dun neno de catorce anos que vive cos seus pais e a súa irmá. Non ten moitos amigos e ten unha vida moi simple. Por iso, ocupa o seu rato libre no cemiterio de coches, co vello Most, que é o que coida do cemiterio, e con Franz o seu amigo que vive nun estupendo Cadillac vermello.

O libro non está mal, pero non me sorprendeu moito, a verdade. Gustoume, pero esperábame algo máis emocionante do que é.

O autor, é Roland Limacher, non é moi coñecido, no primeiro post xa puxen un enlace a unha páxina que atopei, pero non está moi ben, e que non encontrei outra mellor.

2 jun 2011

Cuestionario sobre os verbos

Ola rapaces,
Topei un cuestionario tipo test sobre os verbos en galego. Déixovos aquí un enlace para facelo. Practicade algo, que pode caer na proba de cuestionario interactivo.
Sorte!

31 may 2011

Vaiche Boa! 3º post.


Este libro encantoume aínda que non era o que eu esperaba, eu cría que sería algo máis gracioso. Non foi así pero tampouco foi un tostón, en resumen este libro gustoume

Vouvos contar a historia que máis me intrigaba:

Superfociños:
Narra a historia dun neno de 16 anos que aínda non bicara a ninguén, para él isto era un problema entón decidiu ir a unha bruxa. Ela deulle unha barra de labios coa que volvería tolas a todalas nenas do seu instituto, pero só un bico por chica. A él foralle moi ben ata que unha nai deulle un bico grazas a súa barra de labios. Decidiu non usala máis, pero quen sabe ó mellor utilizouna...

Valoración persoal:
Como antes dixen o libro decepcionoume un pouco, pero aínda así gustoume. Eu nunca lira un libro de microrelatos tan ben contado e con historias tan variadas. Sempre tivera a gana de probar a lelo, este libro non me gustou moito pero si que me animou a ler máis libros deste tipo. Recomendoo a xente que lle coste máis ler porque é moi simple.

30 may 2011

Segundo post: Quérote.

O libro é moi entretido, xa que che conta a vida e o punto de vista dunha rapaza chamada Sabela e que moitas cousas das que din podelas entender desde o seu punto de vista, xa que tamén é moi posible que le pasasen a un mesmo.

A protagonista, Sabela, ten problemas polo que a xente poida pensar dela, no tema de que se meten co seu peso, mais a súa amiga Ainoa intenta axudala.

Ainoa ten unha irmá e unha prima maior ca ela, elas dúas sempre le esinan cousas novas e Ainoa sas conta a Sabela, para que vaía aprendendo.

Sabela non ten moi boa relación ca súa nai, xa que non lle conta os problemas por os que pasa.

Ela é filla única e quere que os seus país adopten a unha nena, mais ela non cree que os seus país queran adoptala, porque fai pouco nun intercambio foi unha nena francesa para a súa casa e non tiveron unha moi boa experiencia con ela. Así que de momentos regalaronlle un can.

En xeral, eses son os personaxes dos que trata o libro, ata o que lin.

Lectura: Chatarra (II)

Levo pouco máis da metade do libro, e gústame.

Chatarra conta a historia da vida diaria dun neno chamado Julius, pero que lle chaman Xil. Vai ao colexio da súa cidade e non ten moitos amigos. 

Un día, encontrouse no cemiterio de coches, un Cadillac vermello enriba de todo-los outros coches e enriba del un chico tomando o sol. Xil acercouse a falar con el, entón fixéronse amigos... O dono do Cadillac chamábase Franz, e, segundo el, tiña 20 anos, aínda que Xil cre que tiña 16. A cousa é que Franz vivía naquel Cadillac e non tiña nin pai nin nai; vivía completamente só. A partir de que se coñeceron, Xil ía todas as tardes o cemiterio de coches con Franz e o vello Most, que era o que coidaba o cemiterio e Xil xa coñecia de fai tempo. 

Xa era verán, e Xil seguía coa súa vida diaria. Ía ir a un campamento de verán de tres semanas o que sempre ía e xa sabía como era. Unha vez no campamento, Rudi (o monitor) saudou a Xil e cada neno foi co seu grupo e o seu monitor. No campamento dividíanos por grupos: os verdes, que eran os pequenos, os lobos, que eran os maiores, e os raposos, que eran os que non eran nin verdes nin lobos. Xil era lobo. No seu grupo coñecía a todos menos a un chamado Eddy, que ía só con seu mini-maletín no que gardaba todo.

Por agora non lín moito máis... tampouco é moi longo. É máis ou menos do que vai tratando este libro.

29 may 2011

O ABRENTE É UN DESATINO (2)

Segundo post do libro O Abrente é un desatino:

O Abrente é un desatino é unha aventura nocturna dunha panda de rapaces que mentras están tranquilamente nunha discoteca, os protagonistas vense liados nunha liorta por un asunto de drogas, polo que teñen que fuxir perseguidos polos membros dunha das bandas do barrio por toda a cidade ata casa dun deles. Nesta historia hai: amor, violencia...

Hay tres persoaxes principais nesta historia: Andrés, Charo e Arti.

Andrés é estudoso e dalle consellos o seu amigo Arti.

Arti non é responsable, non lle gusta estudar, copia os deberes de Andrés, el sempre está de festa...

A Charo tamén gústalle a festa pero e moi responsable, faise noiva de Arti ao final do libro.

Tamén esta Ramón, irmán de Arti. Él métese nun problema e o seu irmá e os seus amigos axúdano a sair del.

Este libro está narrado polos tres protagonistas principais, dende os seus puntos de vista, en vez de ter capítulos cámbianse de narrador entre os tres protagonistas, é esto o que máis me chama a atención, xa que é a primeira vez que leo un libro narrado deste xeito.


25 may 2011

Lectura: Vaiche Boa! (II)

Este libro, como ben vos contei no post anterior, non ten protagonistas, está feito por microrrelatos de risa. Falareivos agora dos que levo lidos.

O primeiro chámase Sen camisa! Esta historia narra unha semana da vida dun neno. Un día o seu can atopou unha falanxe e un zapato, poñía as iniciais do seu tataravó (B.B.), que morrera afogado. Brian, o protagonista desta historia, decide seguir a buscar todos os ósos do seu avó. Atopounos, e enterrou o seu avó.

O segundo chamase A caixa voadora de pulseira. Esta mini-historia conta así: Este señor chamado Giffen, está a vender unha cola que pega calquera cousa, pero ás catro horas despégase. Cambia de cidade antes de que a xente se abalance sobre él. Pero nunha vila un señor móstralle unha caixa voadora que tarda unhas catro horas e empezan a voar. O señor cóntalle que a súa caixa esta pegada con Cola Giffen, e Giffen cae ao baleiro.

O terceiro relato é a narración dun neno que lle morren os pais e que ten que ir vivir coa súa tía, á que lle roubaron un cadro. O causante do roubo foi un señor ao que a súa tía alquiloulle a casa durante un tempo. O señor apareceu morto no W.C. e o cadro desaparecera.
Había un problema, é que o baño está no bosque e dáballe medo acudir a el. Unha noite descobre que hai unha pantasma no baño e á noite seguinte decide falar con ela. A pantasma escapou polo teito e el descubriu onde se atopaba o cadro. A súa tía alegrouse moito polo seu sobriño.

Título: Corazón de Chocolate

  • Título: Corazón de Chocolate          
                                                                                                    

  • Editorial: Edicións Xerais de Galicia.

O autor Santiago Jaureguízar naceu en Bilbao en 1965.

Na contraportada pon que o protagonista Tintimán é un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e Mónica, unha amiga que asegura ser a súa moza, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.

Razóns da escolla: Porque me introgou moito e é o libro do Club de Lectura.

Aquí está a páxina onde se describe un pouco o libro.


Borja Gordido. 1º. B