Mostrando entradas con la etiqueta Intercambios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Intercambios. Mostrar todas las entradas

13 may 2011

Actividades cos de Coristanco

Cando viñeron, o primeiro que fixemos foi poñernos en grupos segundo as tarxetas con nomes de lugares que nos foron repartindo. A partir de iso, cada grupo cantou a canción galega que lle tocara e ao rematar os demaís grupos puntuaban con aplausos. Iso quere decir que o grupo que maior número de aplausos recibira gañaba unha camiseta.

A seguinte actividade foi cos mesmos grupos. Cada un tiña que facer como unha campaña publicitaria nunha cartulina, a partir dunha imaxe que cada grupo podía elexir, que eran de un pouco "peculiares". Cando todos os grupos acabaron, cada grupo expuxo a súa campaña e os tres primeiros grupos que máis puntos tiveron gañaron unha camiseta.

Iso foi todo o que fixemos pola mañá.

8 may 2011

Intercambio Coristanco: Decálogo do bo anfritrión

O luns 9 de maio, veñen os alumnos de Coristanco ao noso instituto e temos que recibilos como merecen.
Aquí vos deixo un pequeno Decálogo do bo anfitrión
  • Ser amables.
  • Comportarnos ben.
  • Ensinarlles o instituto.
  • Non mostrar vergoña, que máis terán eles!
  • No recreo, acompañalos para que non se perdan.
  • Aprender cousas sobre as súas vidas.
Así que, comportémonos todos como corresponde a un bo anfitrión, a unha boa anfitrioa.

    CONCURSO DE CANTE!

    O luns 9 de maio veñen os alumnos e alumnas do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco ao noso centro. É o día do Intercambio Sociolingüístico Coristanco-Oleiros.

    Logo dunha breve presentación xeral, explicarannos outra para facer grupos e seguir coñecéndonos. Nesa tarefa de crear grupos, para perder a vergonza, imos cantar algunhas cancións tradicionais -ou coñecidas- galegas, como A Rianxeira ou A Carolina. Haberá premio para o grupo que máis "festa" faga, así que aquí vos deixo vídeos coas cancións que nos poden tocar cantar, para que as vaiamos escoitando e nos soen ese día. Espero que vos gusten.

    Aquí vos queda a lista de reprodución coas cancións "escollidas". Unha delas toca cantala fixo, pero fóra vergoña, A DAR O CANTE!


    Intercambio Coristanco: obradoiro de publicidade

    Introdución explicativa para o obradoiro de publicidade a partir de imaxes moi suxestivas da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso. Empregarase durante o intertecambio sociolingüístico entre o alumndao do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco e o do IES Neira Vilas de Oleiros.

    5 may 2011

    Intercambio con Coristanco: paseo e zona de xantar


    Ola colegas de Coristanco e do Neira Vilas!
    Para que vos vaiades facendo unha idea de onde imos xantar, vouvos ensinar o camiño que imos facer ata a praia de Bastiagueiro.

    Alí preto, o Concello de Oleiros cédenos ese día unhas instalacións, que veñen ben, por se chove, que oxalá que non!

    Imos estar preto da praia, pero que ninguén pense en bañarse, por suposto. Dixeron Ana e Fátima que queda totalmente prohibido achegarse a 25 metros da beira do mar. E quen manda... manda!

    3 may 2011

    INTERCAMBIO SOCIOLINGÜÍSTICO CORISTANCO-OLEIROS

    Nesta nova entrada, falareivos do intercambio cos nosos amigos de Coristanco.
    Onde? Este evento será no instituto IES Xosé Neira Vilas.
    Cando? O 9 de maio.
    Quen asistirá? O alumnado de 1º ESO do CPI Alcalde Xosé Pichel e mais os alumnos IES Xosé Neira Vilas.
    Por que? Para potenciar máis o galego, facer amizades falando galego...
    Como se desenvolverá a xornada?
    Pois primeiro faremos uns xogos de presentacións, faremos grupos e haberá un miniconcurso express de cancións "coñecidas" galegas.
    A continuación, desenvolveremos un obradoiro de publicidade e sociolingüística, que xa nos explicarán.
    Logo, iremos paseando ata Bastiagueiro e xantaremos por alí. E, ao final, se a eles lle dá tempo, pola tarde haberá unha charla animada.
    Para nós e para eles, será unha experiencia inesquecible e, quizais, ccambiar de opinión sobre o galego.
    Aquí tedes un vídeo que fixemos os do IES Xosé Neira Vilas para unha presentación adiantada cos alumnos de Coristanco.

    En conclusión, é un día de clase gañado, para aprender e pasalo ben á vez!

    29 abr 2011

    Post coas etiquetas

    Esta entrada do blog só é para crear as etiquetas que podemos ou debemos utilizar para clasificar as entradas que vaian nacendo neste GalegoNeira.