30 jun 2011

Santiago 2011

Os do Club de Lectura deste ano decidimos ir a unha excursión con respeto ao libro que lemos neste último trimestre, Corazón de chocolate. Vai dun neno que lle morreu o pai e el quere seguir a súa afección, as aventuras. Esta historia sucede en Santiago, de aí a razón de que foramos alá.

 Esta actividade empezou cunha viaxe dunha hora e dez. A continuación fomos pola catedral, nunha visita guiada que comezou no pazo de Xelmírez. Esta visita foi moi interesante, xa que a moza que nos informaba explicábao moi ben. O mellor foi ver Santiago desde as cubertas da catedral!

Logo comezou o xogo máis divertido, a xincana. Estaba composta por seis mini-probas. Estas mostrábanche unha foto, pero enriba aparecían textos relacionados co libro e co número de páxina onde aparecía a información precisa para resolver a proba. Logo dicíache as instrucións que tiñas que seguir.  O grupo gañador conseguiu unha tarxeta regalo do Fnac! 

 Despois disto deixáronnos unha media hora de liberdade e despois fomos a comer xuntos ao parque de Bonaval. Ás 14:50 subimos ao bus. Chegamos ao instituto ás 16 horas.
Esta excursión gustoume moito e ademais fun cos meus compañeiros. Aquí tendes un vídeo coas fotos dese día.

23 jun 2011

Ratas en Manhattan (3)

Pareceume moi bo porque as aventuras que lles pasan son moi divertidas, os personaxes axúdanse mutuamente e o libro ensínache moito sobre a vida dun inmigrante galego.
Hai veces que faise un pouco aburrido de ler porque os personaxes líanse moito.

Eu recomendo este libro á xente que lle guste a aventura e a inmigración.

O autor, que é Francisco Álvarez escribiu moitos máis libros como:
[1980] Lexanías, edición do autor.

- [1989] Maruxía, edita concello de Tomiño.

- [1991] Máis aló de Fisterre, edición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, (segunda edición, 2000, Deputación de Ponteved.

Lectura: O portal dos elfos (III)

A min este libro pareceume moi bo. Sentinme moi a gusto cando o acabei. Recoméndollo a Jorge Arias, ao que lle gusta a fantasía e a aventura.

Este libro encantoume, porque me gusta moito a fantasía e o que me transmitiu este libro.

Aquí deixo unha ligazón doutro libro que me gustaría ler do mesmo autor.


22 jun 2011

O novo diario dun xove maniático (III)

Este libro collínno porque tiña boa pinta e tiña curiosidad sobre os temas que trataba. O malo é que Alberto colleu o mesmo libro que o meu e o final xa o contou,pero terenno que contalo outra vez.´

Ao final, na festa de aninovo, Cilla bicou a pete ao final da festa.

Este libro gustoume moito pero o final non, porque ao ser un diario, o final no acaba aí. eu recomendariallo á xente que lle guste e teña curiosidad sobre temas personais.

21 jun 2011

Viaxe a Portugal!!!


O venres 17, estivemos de viaxe os de 1º, 2º, 3º e 4º ESO no norte de Portugal. Estivemos alí dende as 8:30 ata as 21:30.

Como o tempo á maña non nos acompañou, en vez de ir á feria fomos ao único centro comercial que hai alí. Por certo, Andrea Ares (1ºB) e María Gabriela (1ºA) estaban tan concentradas coas "compras" que case quedan atrás!

Logo, tivemos que facer unha actividade de buscar información que ninguén gañou, porque o garda de seguridade díxonos que non estaba permitido. Ás seis, pasamos por diante da feria, fomos ao autobús e viñemos outra vez a Galiza.

Aquí deixámosvos unha foto da miña compañeira María, ao mando do temón do barco antigo. Esperamos que o pasarades ben alí todos os que fostes!


20 jun 2011

Unha Alma Nobre III

Ao final este libro pareceume o mas,para min iste libro é unha forma de expresar como te sentiches cando eras xovene as súas dificultades
que non son moi normales ao largo da súa vida.
Unha cousa que foi un pouco lioso foi o principio que non entendes moi ben quen é Konradin e Hans.

Eun reconmendarialle este libro as persoas que lle parece interesante a historia moderna

Este autor Fred Uhlman ten máis libros como estes: deixovos un enlace donde podedes ver non só os seus libros se non máis inforción súa.

Os Papalaguis (3)

Xa rematei o libro, estuvo moi ben pero como so falaba dunha cousa acabou por aburrirme
e case non o acabo.

A verdade e que so gustoume ao principio, así que non sabería decir a que tipo de
persoa xuxerirselo. Aun así, o recomendo a toda persoa con forza de voluntade para
acabalo.

19 jun 2011

O Regreso De Sherlock Holmes (III)

Xa acabei este libro e a min este libro gustoume moito porque os misterios as intrigas de Holmes daballe mais encanto ao libro.

O que menos me gustou do libro foi a morte de Moriarty porque sen o maior enemigo de Holmes o libro perdía interés.

A min este libro me intrigou moito e esa é unha das causas de que o libro me enganchanse tan rápido.

Este libro se o recomendaría a xente que lle guste moito o misterio e a intriga e os libros un pouco longuiño.

Vou a daros exemplos de mais libros de Arthur Conan Doyle sobre Sherlock Holmes:
· Estudio en escarlata
· El signo de los cuatro
· Las aventuras de Sherlock Holmes
· Las Memorias de Sherlock Holmes

Ratas en Manhattan


Por agora estame a gustar este libro, porque parece moi interesante ver como é a vida dun galego cando inmigra.

Os protagonistas deste relato, que é Alcibiades que è o galego.
A súa compañeira Ramona que é dominicana.
O seu fillo un neno de so tres anos que non se di o seu nome.
James Herow no era un bo estudante pero si un bo estratego.


O escritor ponnos diante dos ollos duns personaxes que sobreviven a inmigración sacando a vista o peor da condición humana.

En conxunto, os dezaoito relatos conforman unha boa crónica do lado escuro da emigración. Nin os triunfadores o son realmente.

Este libro é moi bo porque os personaxes están ben inventados.

Lectura: Eu tamén son maniática (III)

O libro non me gusta como remata porque Susie colle lombrigas, dame pena e asco e a pobre as colle xusto no nadal que pena.

O unico que encotre os autores Ann McPheron e Aidan Macfarlane foi:
  • Gañaron o premio da Literatura Informativa polo libro Diario dun xove maniático.
E fixerón os libros:
Eu recomendollo as persoas que lle gusten saber cousas sobre a adolencencia e algun que outro tema mais

Unha Alma Nobre II

Agora,neste segund post voubos contar como son os personaxes e como me parece que
se comportan.

Personaxes principais:

Hans: es un xudeu que era moi intelixente que sempre sobresaía na clase,gústame moito este persoaxe porque é moi humilde´

Konradin: es un nazi que ao largo dos 15-17 anos foi coñecendose con Hans,pero os seus paisnon queren que sea amigo dun xudeu

Este libro trata sobre a historia de dous personaxes que se ven separados polas súas creenzas.
Neste libro Konradin escribe unha carta a Hans para perdirlle perdón pola marxinación que lle fai Konradin a Hans.Konradin volvese máis nazi que antes e comeza a tratar a Hans e a odiarlo,cando xa vano executar se arrepinte do que fixo e escribe a carta de perdón

14 jun 2011

UNHA ALMA NOBRE (III)

 Polo titulo pensei que iría sobre unha heroe ou algo así, pero en canto me dixeron de que trataba, collino.

Esta historia pareceume que podería ser real,porque dicia todo o que facia con fecha , hora e enviaballe cartas a sua noiva.

VALORACIÓN PERSOAL:

Este libro gustoume moito porque trata sobre a guerra contra Hitler.

UNHA ALMA NOBRE (II)

Eu xa lin o libro hai tempo. Non é dificil de ler, pero é para quen lle guste a guerra.

As personaxes deste libro son: Hans e Konradin. Hans é soldado de terra.
Konradin é cabo de infantería (tanques) e morre executado polos nazis.

Este libro trata sobre a II Guerra Mundial, a que se librou contra Hitler. Konradin morre, mentres que Hans sobrevive.

Este libro gustoume moito porque vai sobre a guerra. O que máis me impresionou foi  o que se conta que fan no campo de exterminio.

13 jun 2011

Lectura: Diario dun xove maniático (3)



O libro non puido rematar mellor. Ao final a Pete non lle fixo falta pedirlle saír a Cilla. Foi ela a que lle pedíu saír, ademais en ANINOVO!!! Xa no pub, cando estaban bailando, Cilla bicouno pero non dixo que máis pasara... Non estivo mal o libro.

O único que encontrei dos autores deste libro, que son Aidan Macfarlane e Ann McPherson, é que gañaron o premio da Literatura Informativa polo libro que lin. Isto é o que escribiron:

  • Eu tamen son maniática,1889
  • Eu e os meus colegas,1991

O libro recoméndoo ás persoas que queiran saber cousas da adolescencia ou que prefiran ler un libro en forma de diario, contado por días o que lle vai pasando, en vez de ler a historia toda seguida. Tamén é bo para os que non teñan présa por ler o final.


Agora o libro que me gustaria ler é Eu tamen son maniática porque como lin este, pois quero saber a historia pero contada pola súa irmá, que ten moi boa pinta.

12 jun 2011

Lecturas: Noite de voraces sombras (II)

O libro que estou a ler na terceira avaliación, Noite de voraces sombras, estame a gustar moito. É moi interesante e engánchante cando o estás a ler e, ás veces ,non podes para ata que remata o capítulo.

Respecto á personaxe principal, chamada Sara, é unha moza duns dezaseis anos e conta o que lle está a pasar nunhas vacacións de verán.

A súa nai é a persoa que lle explicará moitas cousas nestas vacacións, aínda que xa llas debería ter contado moitísimo antes. A nai é unha escritora fantástica.

O seu pai, profesor e afeccionado á lectura, tamén era escritor, pero ó final deuse conta de que era mellor lector que escritor.

Moncho, o tío de Sara, que xa está morto, xoga un importante papel nesta historia.

Tamén hai outra Sara na historia, a moza de Moncho, coa que pasarán cousas que Sara, a sobriña do tío Moncho, descubrirá lendo cartas do pasado.

E, por último, aparece a avoa de Sara. Morreu, pero ela tiña o cuarto do tío Moncho sempre pechado e, ó morrer, a nai de Sara díxolle que a partir de agora este sería o seu cuarto.

Estou case por rematar o libro e non sei cal será o final. Xa volo direi no seguinte post. Teño varias ideas de como pode acabar.

8 jun 2011

O ABRENTE É UN DESATINO (3)

Xa rematei O Abrente é un Desatino, e gustoume moito pero o final me estrañou porque remata coa morte dos pais dun dos protagonistas, sen eu saber quen os matou, e eso e o que menos me gustou do libro.
O que máis me gustou deste libro foi cando os protagonistas empezaron a fuxir despois dunha liorta.

En este libro non me sentín indentificado cos personaxes en ningún momento.

Recomendaríallo as persoas que lles gustan os relatos curtos, con moita acción.

O autor e Xerardo Méndez, non e un escritor moi coñecido pero escribiu algunhas obras coma:

7 jun 2011

Lectura: Normal, Diferente (III)

Xa rematei o libro e vouvos dicir que cousas se me pasaron pola cabeza ao lelo.

Aquí estou eu, lendo Normal,
 Diferente
O libro que lin este trimestre titúlase: Normal, Diferente e polo que lon na contraportada xa me pareceu bastante intrigante. Este libro gustoume moito porque reflexa como a unha nena todo o que lle parece normal, para o resto e totalmente diferente. Ao principio, este libro fíxome creer que Vera, a protagonista, é unha nena un pouco aislada, pero en realidade é todo o contrario.

Este libro creoume o sentimento de pena, emoción por saber que pasaría despois e medo a que os problemas que ten a protagonista e Jan pasáranme a min na realidade, porque se me pasasen quedaría moi deprimido e daríame vergoña vir ao instituto. E agora que rematei o libro, para min non habería outro final diferente ao que lle puxeron, tal e como eu o prevera.

Normal, Diferente recomédosello a aquelas persoas que lles gustou unha persoa e de súpeto decátanse de que é tan impactante a nova noticia, que se quedan sen palabras; e que tamén ás persoas que se informan moito da vida dos demais.

Kristina Dunker, a autora, tamén escribiu máis libros como por exemplo:

E destes títulos de libros que escollín, o que mellor pinta me ten é o de "Día decisivo", porque no título xa ten a intriga de que vai ser o día decisivo.

6 jun 2011

III post: Chatarra

O libro acaba un pouco en seco, é dicir, non explica moi ben o que pasou ao final.

Gústanme as partes que pasa con Franz, o seu amigo que vive no cemiterio de coches. Son as partes máis interesantes, porque o resto é cando está na escola ou no campamento de verán.
Trata dun neno de catorce anos que vive cos seus pais e a súa irmá. Non ten moitos amigos e ten unha vida moi simple. Por iso, ocupa o seu rato libre no cemiterio de coches, co vello Most, que é o que coida do cemiterio, e con Franz o seu amigo que vive nun estupendo Cadillac vermello.

O libro non está mal, pero non me sorprendeu moito, a verdade. Gustoume, pero esperábame algo máis emocionante do que é.

O autor, é Roland Limacher, non é moi coñecido, no primeiro post xa puxen un enlace a unha páxina que atopei, pero non está moi ben, e que non encontrei outra mellor.

3º post: Chatarra

Xa rematei o libro e gustoume moito, máis ben polo principio, porque ao final non rematou coma outros libros, que che dan unha sorpresa. Este libro rematou de repente, sen explicar que pasou despois de que chegara a casa o personaxe despois da súa escapada.

A parte do libro que máis me gustou foi cando Franz e máis Xil amañaron ó Cadillac e foron dar unha volta nel. Despois, pillounos o seu profesor e díxollo a policía. A parte que menos me gustou foi a do campamento de verán que non explicaba nada, só o típico dos campamentos de verán(xogos, comida, durmir e aburrirse) .

Este libro fíxome sentirme coma o personaxe e adentreime moito na historia.

O libro Chatarra recomendaríallo as persoas que estean comezando a ler e non lles guste ler un libro groso. Tamén llo recomendo á xente que non lle guste ler sorpresas no medio da lectura nin ó final.

Non coñezo máis libros deste autor porque escribe en alemán e paréceme que non é moi coñecido. O busco en internet e non aparece case nada del, nin sequera un premio.

Post 3: Quérote.



Quérote é un libro que para min foi moi bonito e gustoume moito, pero o final pode que sexa algo triste, xa que a protagonista 'Sabela' tiña un problema, algo que a todos no vai pasar na vida, sufriu por amor, por un rapaz 'Ancor' que é o irmán da súa mellor amiga 'Ainoa'.

Sabela non lle quería contar nada a Ainoa, xa que o rapaz do que estaba namorada era do seu irmán, e a ela o mellor non lle parecía ben. Sabela coñecía a Ancor desde facía moitos anos, pero hasta fai unhas poucas semáns non sentía nada por el, a cousa cambiou cando se fixou ben nel. Cambiara moito, tanto na súa forma física como na personalidade.

A causa do problema polo que pasou Sabela non o vou contar, xa que se o queredes saber, tedes que ler o libro antes.

Eu recomendaría este libro ás persoas que lles guste ler sobre algo de amor e sobre a vida dunha adolescente.

A autora 'Ursula Heinze' escribiu máis libros, como :
  • Sempre Cristina.
  • A casa abandona.
  • A nena de ouro.