5 jun 2011

Lecturas Contos de detectives.Os rivais de Sherlock Holmes III

O libro que escollín nesta avaliación foi o que máis me gustou do curso porque contén oito relatos diferentes que teñen en común o seu ambiente de misterio e intriga. En todas as historias sentinme moi sorprendida co desenlace e parecíame incrible como os investigadores conseguían resolver os casos.

Recomendaría este libro a calquera persoa á que lle guste a intriga e non lle importe estar en tensión ata o final.

No libro hai un relato de Arthur Conan Doyle, creador do famoso detective Sherlock Holmes, que aparece en novelas como As aventuras de Sherlock Holmes ou As memorias de Sherlock Holmes, que recomendo a todos o seguidores da novela policiaca. Tamén recomendo O can dos Baskerville e Estudio en Escarlata.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!