
- Título do libro: ¡Maldito DNI!
- Autor: Pepe Carballude
- Editorial: Xerais
- Colección: Fóra de xogo
- Contraportada: Olimpio Montes, biólogo de profesión, despois de chegar á conclusión de que o maior atranco dunha persoa para ser feliz é o Documento Nacional de Identidade, toma a decisión de morrer legalmente e así vivir á marxe da burocracia moderna.O seu desexo parece ben doado nun principio, mais axiña comprenderá que non é tan sinxelo vivir indocumentado nun mundo controlado pola informanción.
Nesta 3ª avaliación estou a ler un libro chamado ¡Maldito D.N.I.!, escrito por Pepe Carballude, que ademais de escritor é profesor de Latín no IES Neira Vilas. Pepe Carballude que naceu na aldea de Rubín, é un dos máis destacados escritores de contos para nenos e mozos da lingua galega e conseguiu importantes premios, como O Barco de Vapor. Déixovos neste enlance o resumo do libro que atopei na páxina web da editorial.
Collín este libro porque tiña curiosidade por saber como escribía un profesor do noso instituto e porque o título parecíame moi interesante e entráronme as ganas de saber de que trataba. Ata o momento estame a parecer un libro realmente bo tanto na forma coma no contido. Ademais, paréceme unha idea moi orixinal que alguén decida pasar por desaparecido para conseguir a felicidade.
Non sabía que Pepe Carballude escribira un libro! sorprendínme moito!
ResponderEliminarGustoume moito como o fixeches.
Escribiu moitos máis libros e... grazas!
ResponderEliminarEu tampouco, xa o leerei... E por certo Pablo se che vai gustando podes pedirlle un autógrafo! Ja, ja! Gústame como che quedou.
ResponderEliminar