5 jun 2011

Cartas de inverno (III)

Aquí amósovos unha foto miña,
lendo Cartas de inverno.
Xa rematei o libro, e gustaríame expresarvos, neste post, todos os sentimentos que me foron xurdindo durante a lectura.

É un libro, que xa só pola portada, dache intriga e moita impresión. Tiven bastante medo en moitas ocasións, e xa entón, fixéronme estar intranquila ata na miña propia casa. Ás veces, o corazón latexábame con moita rapidez. Eran aqueles intres nos que as personaxes iban vivir unha situación enmeigada, ou simplemente, imaxinábame que o que estaba lendo, iso que tanto me inquietaba, poidéseme ocorrer a min. Aínda que eso si, o libro, non o soltaba de diante, quería saber como remataba, e non podía soportar a intriga e o desacougo que me estaba a dar.

Agora que xa lin o final, paréceme que lle falta algo, que quedou algo por dicir que non se comentou. Cousas, como o que verdadeiramente lle sucedeu a Adrián debaixo da súa casa, que por exemplo, non nolo conta. Paréceme que quería dar esa impresión de intriga.

Quero recomendar este libro, non só a aquela xente que lle encante o misterio, porque eu non me recoñezo como unha dela, senón tamén a todas aquelas persoas que lles custe un pouco ler, ou que non poidan dicir dunha lectura o que sentiron de verdade.

E para rematar, achegareivos o título doutro libro de Agustín Fernandez Paz, chamado, Aire negro, que polo título, paréceme interesante

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!