30 jun 2011

Santiago 2011

Os do Club de Lectura deste ano decidimos ir a unha excursión con respeto ao libro que lemos neste último trimestre, Corazón de chocolate. Vai dun neno que lle morreu o pai e el quere seguir a súa afección, as aventuras. Esta historia sucede en Santiago, de aí a razón de que foramos alá.

 Esta actividade empezou cunha viaxe dunha hora e dez. A continuación fomos pola catedral, nunha visita guiada que comezou no pazo de Xelmírez. Esta visita foi moi interesante, xa que a moza que nos informaba explicábao moi ben. O mellor foi ver Santiago desde as cubertas da catedral!

Logo comezou o xogo máis divertido, a xincana. Estaba composta por seis mini-probas. Estas mostrábanche unha foto, pero enriba aparecían textos relacionados co libro e co número de páxina onde aparecía a información precisa para resolver a proba. Logo dicíache as instrucións que tiñas que seguir.  O grupo gañador conseguiu unha tarxeta regalo do Fnac! 

 Despois disto deixáronnos unha media hora de liberdade e despois fomos a comer xuntos ao parque de Bonaval. Ás 14:50 subimos ao bus. Chegamos ao instituto ás 16 horas.
Esta excursión gustoume moito e ademais fun cos meus compañeiros. Aquí tendes un vídeo coas fotos dese día.

1 comentario:

  1. Así, con esta pequena contribución en forma de vídeo, aquí vos queda o GalegoNeira, nas vosas mans, coma o futuro da nosa lingua! Unha aperta grande para todos e cada un de vós!

    ResponderEliminar

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!