Quérote é un libro que para min foi moi bonito e gustoume moito, pero o final pode que sexa algo triste, xa que a protagonista 'Sabela' tiña un problema, algo que a todos no vai pasar na vida, sufriu por amor, por un rapaz 'Ancor' que é o irmán da súa mellor amiga 'Ainoa'.
Sabela non lle quería contar nada a Ainoa, xa que o rapaz do que estaba namorada era do seu irmán, e a ela o mellor non lle parecía ben. Sabela coñecía a Ancor desde facía moitos anos, pero hasta fai unhas poucas semáns non sentía nada por el, a cousa cambiou cando se fixou ben nel. Cambiara moito, tanto na súa forma física como na personalidade.
A causa do problema polo que pasou Sabela non o vou contar, xa que se o queredes saber, tedes que ler o libro antes.
Eu recomendaría este libro ás persoas que lles guste ler sobre algo de amor e sobre a vida dunha adolescente.
A autora 'Ursula Heinze' escribiu máis libros, como :
- Sempre Cristina.
- A casa abandona.
- A nena de ouro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!