Xa rematei o libro e vouvos dicir que cousas se me pasaron pola cabeza ao lelo.
Aquí estou eu, lendo Normal, Diferente |
O libro que lin este trimestre titúlase: Normal, Diferente e polo que lon na contraportada xa me pareceu bastante intrigante. Este libro gustoume moito porque reflexa como a unha nena todo o que lle parece normal, para o resto e totalmente diferente. Ao principio, este libro fíxome creer que Vera, a protagonista, é unha nena un pouco aislada, pero en realidade é todo o contrario.
Este libro creoume o sentimento de pena, emoción por saber que pasaría despois e medo a que os problemas que ten a protagonista e Jan pasáranme a min na realidade, porque se me pasasen quedaría moi deprimido e daríame vergoña vir ao instituto. E agora que rematei o libro, para min non habería outro final diferente ao que lle puxeron, tal e como eu o prevera.
Normal, Diferente recomédosello a aquelas persoas que lles gustou unha persoa e de súpeto decátanse de que é tan impactante a nova noticia, que se quedan sen palabras; e que tamén ás persoas que se informan moito da vida dos demais.
Kristina Dunker, a autora, tamén escribiu máis libros como por exemplo:
- "La Bella Durmiente besos"
- "Tormenta de Verano"
- "El dolor en el amor"
- "Propio de la Ciudad"
- "Día decisivo"
- "Vértigo"
E destes títulos de libros que escollín, o que mellor pinta me ten é o de "Día decisivo", porque no título xa ten a intriga de que vai ser o día decisivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!