Durante os días 13-17 os de 1º B do curso de plurilingüe, os de 4º ESO e 1º de Bacharelato das seccións bilingüe, estivemos de viaxe en Bruxelas, a capital de Europa.
Vouvos contar o que fixemos os dous primeiros días:
O primeiro día pasámolo de viaxe, no autobús de A Coruña - O Porto, durou aproximadamente unhas tres horas. A continuación estivemos no aeroporto de Porto, ata que saímos no avión a Bruxelas onde chegamos unhas duas horas e media máis tarde. Cando chegamos fomos directos ao Vicent Van Gogh. E logo de instalarnos, fomos a dar un paseo ata a Grand Place.
Ao día seguinte fomos ao Atonium, é enorme e podense ver todolas partes do átomo por dentro. Logo chegamos a Mini-Europe que son todolos monumentos de Europa en pequeniño; é fermosísimo.
Para rematar o día máis feliz aínda os profesores leváronnos a Bruparck é un parque acuático con moitos tobogáns interiores e exteriores.
Ao rematar fomos outra vez a dar un paseo e a durmir.
Pasámolo moi ben todos os días. Eu recomendo Bruxelas para ir de viaxe.
Eu quería ver fotos...
ResponderEliminarXa Fátima, pero o problema e que non me deixa subila foto se non é ocupando sitio...
ResponderEliminarXa está Fátima, esta foto está feita por min, e polo que vin non ocupa sitio. Se ves que ocupa sitio cambiaa e xa me explicaras como facer.
ResponderEliminarMencía, sube unha das túas, con xente, ao teu álbum picasa que tes con gmail, e dende alí métela no post. Así non ocupa nada. Trae o venres unha USB coas fotos e a ver.
ResponderEliminarVale, pero acabo de lelo agora na clase de Galego, sintoo, o luns tráio o USB coas fotos e axúdasme a renovar o blogger porque non me deixa subilas fotos dende o album web picasa.
ResponderEliminarGrazas xa tráio o luns a USB.