
- Título do libro: Chatarra
- Autor: Roland Limacher
- Editorial: Sotelo Blanco
- Colección: Docexvintedous
A contraportada explica que aínda que teñas catorce anos e a túa vida sexa unha chatarra porque ninguén che fai caso (profesores, pais, rapazas...), algún día encontrarás a un bo amigo que luza esa chatarra igual ca un fermoso Cadillac. De maneira que sintas ganas de pisa-lo acelerador só por escoitar o ruído do motor, aínda que non vaias a ningures.
O libro que vou ler esta avaliación titúlase Chatarra, escrito polo autor alemán Roland Limacher. Déixovos aquí a pouca información que encontrei sobre él. Tamén vos déixo un resumo desta obra para que o leades e saibades un pouco de que vai esta historia escrita en alemán e traducida ao galego por María Xesús Lama.
Escollín este libro porque Fátima, a profe de galego, díxome que estaba moi ben e que o estaban lendo moita xente do instituto, sobre todo de segundo. Tamén o escollín porque me encantou o título e o resumo da contraportada.
De momento este libro gústame porque trata dun neno chamado Xil, que coñece a un rapaz que é un pouco raro e que ten un Cadillac vermello. Xil vai ao instituto e divide os alumnos en grupos (os medradores, os individualistas...) e os profesores son un pouquiño raros. Eu creo que ao final da historia Xil vaise levar ben co rapaz do Cadillac e cos profesores.
Excelente post! Se vedes cousiñas mellorables nalgunha entrada, de contido ou de corrección, falade amablemente co redactor/a e, entre todos, lograredes nivelón na redacción de posts!
ResponderEliminarMoitas grazas Fátima.
ResponderEliminarEncántame o post Pablo!:D
ResponderEliminargrazaas!!!!
ResponderEliminar