7 may 2011

Lectura: Cartas de inverno

Imaxe da portada.
  • Título do libro: Cartas de inverno
  • Autor: Agustín Fernandez Paz.
  • Editorial: Xerais.
  • Colección: Fóra de xogo.
O libro que estou a ler nesta 3ª avaliación titúlase Cartas de inverno, escrito polo autor Agustín Fernández Paz. Un escritor moi recoñecido polo seu traballo, xa que o que escribe tradúcese a moitas linguas. Este libro está publicado na editorial Xerais dentro da colección "Fóra de xogo". Déixovos aquí un resumo que aparece na páxina web da editorial.

A contraportada do libro fálanos de que despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xavier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia, unhas cartas que descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xavier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a moitos misterios.

A miña escolla vén a causa de que un amigo comentárame que lle gustara moito e que, ademais, dáballe algo de medo. Eu tiña ganas de saber como era, e como Fátima, a nosa profesora, propúxoo dicindo que ninguén podía pasar sen lelo, pois animeime. É un libro moi entretido, estame a dar moi boa espiña. Engánchaste a lelo, e non paras, ten moito misterio e tamén paréceme algo irreal. En xeral, e por agora, estame gustando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta, felicita, mellora... as entradas de todos! Así, GalegoNeira gañará en calidade e en vida! E asina o que pos!